Os ‘coaching’ e ‘community manager’: renovarse ou morrer
Fuente: Galiciahoxe.com
A moitos igual lles soa a chinés de falamos do coaching manager e do community manager, pero son dous dos perfís profesionais máis demandados na actualidade. O galego Vicente de Becerra, licenciado en Física-Química e Farmacia, levou a súa carreira por outros derroteiros e dedícase a adestrar nas lides do éxito ós altos executivos da nosa comunidade.
Como free-lance, asóciase tamén con consultoras que dan formación e a través da súa web Coachongo.com, promociónase. Nas súas sesións, combina co coaching empresarial, “demandado sobre todo por empresas con cultura de formación importante e por executivos”, e o persoal o life coaching, á marxe da actividade profesional.
O obxectivo é achegarse ó logro de metas ambiciosas e explorar novas oportunidades de acción, e clientes non lle faltan. “No meu caso, o boca a boca de directivos é a miña maior publicidade, e teño éxito por duplicado porque comparto o dos meus clientes”.
As grandes firmas tamén buscan, ademais do desenvolvemento persoal dos seus líderes e empregados, un posicionamento estratéxico en internet, sobre todo nas redes sociais, que é onde cada vez máis frecuentemente se toman as decisións das compras. De aí xorde a figura do community manager, para quitarlles partido ó Facebook, o Tuenti, blogs e foros na rede. Un dos grandes expertos na materia é o economista José Antonio Gallego, que imparte numerosas masterclass sobre a súa profesión, para formar profesionais “capaces de escoitar o que se di, no caso dunha empresa, nas redes sociais e, por outra banda, sexa capaz de trasladarlles a mensaxe ós usuarios”.
Optimista por natureza, cre que “tomar a iniciativa e non ter medo” é vital na época de crise, e explorar novos campos, como el, é a clave para emprender.






